25/4/11

CUESTIONARIO:

Dende APROTSÍMATE convidámosvos a que cumprimentedes este cuestionario e nolo remitades por correo electrónico, de xeito anónimo ou identificándovos -garantiremos en calquera caso a confidencialidade-, o que contribuirá á mellora da asociación, de nós como profesionais do Traballo Social e, en definitiva, a un pequeno relanzamento da nosa disciplina:

1.- ¿Qué tipo de actividades che gustaría que se realizasen  dentro da asociación?

2.- ¿Cál debería ser, na túa opinión, as funcións da asociación?

3.- ¿Qué botaches en falla durante a túa formación en Traballo Social?

4.- Segundo a túa formación, ¿estarías disposto/a a realizar algunha acción formativa para complementar os coñecementos das demais persoas asociadas?

5.- ¿Cómo ves a situación da nosa profesión na actualidade?


¡ATRÉVETE A RESPOSTAR A ESTAS CUESTIÓNS E FÁINOLAS CHEGAR!

18/4/11

Problemas pequenos e grandes da Lei de Dependencia


A Lei de Dependencia irrumpiu no panorama político no ano 2007 como un grande paso para alcanzar a igualdade de oportunidades das persoas que teñen as súas capacidades minguadas a causa dunha dependencia. (estado permanente, non transitorio). Os profesionais do social recibímola como unha boa nova; como un aumento das posibilidades á hora de ofertar servizos e prestacións a un amplo campo dos nosos usuarios/as. Nun principio poucas voces dentro da profesión lle puxeron trabas a esta lei, pero co tempo demostrouse que non era tan boa como nos facían pensar; tanto que hoxe en día case todos os profesionais estamos en desacordo con esta lei.
Na miña humilde opinión os erros máis grandes dentro da lei de dependencia están en dous campos, o primeiro as diferenzas que existen entre as CCAA á hora de aplicar a lei e o segundo a pouca importancia que ten a parte “social” da lei.
Dentro das diferenzas entre as CCAA; podemos atopar dous tipos diferentes, as que se deben á idiosincrasia propia de cada rexión e as que veñen dadas pola importancia política dos servizos sociais en cada unha das comunidades.
As primeiras están moi claro que inflúen, xa que soamente o número de solicitudes varía segundo a poboación maior que haxa na comunidade. En Galicia ademais de que claramente o número de persoas maiores é moi superior ao de outras comunidades, a poboación está moito máis dispersa; por estas condicións aínda que a lei se aplique por igual a todas as rexións, hai unha discriminación clara da nosa comunidade. Por exemplo, na lei dáselle importancia a que as persoas dependentes permanezan o maior tempo posible dentro do seu entorno, ca dispersión poboacional de Galicia, teríamos que ter moita máis infraestrutura para atender aos mesmos dependentes que noutras CCAA.
Por outra banda, existen CCAA nas que está claro que os servizos sociais sempre foron máis importantes que na nosa, aquí desprezase todo o que teña que ver co social, por consideralo unha perda de tempo. Ademais que se consideran as prestacións e servizos que se poden establecer como un regalo ou un favor que se fai da clase política á cidadanía, non un dereito. Este utilizase unha caciquería máis, como un xeito de acadar votos; nada que ver con outras CCAA nas que as prestacións sociais se ven como un dereito primordial do cidadán.
Eu, considero que para que a lei de dependencia fose xusta con todas as comunidades, debería de haber un sistema de discriminación positiva ao menos en canto aos criterios de dispersión poboacional e idade media dos cidadáns.
Dende a profesión do traballo social acolleuse esta lei como unha oportunidade clara de traballar na administración, como un novo posto de responsabilidade creado exclusivamente para nós. Sen embargo a sorpresa xurdiu pronto, é indipensable a firma do traballador social dos servizos comunitarios, para facer o informe social de solicitude; pero está claro que a importancia que se lle da a este é practicamente nula. Xa que soamente inflúe cando a situación física e psicolóxica xa están feitas e ademais a súa influencia non está de todo clara, salvo que a variación duns poucos puntos poda variar o grao e nivel. Pero na reunión na que se establece o grao e nivel das persoas en situación de dependencia hai tres profesionais; un/unha médico/a, un/unha psicólogo/a e un/unha terapeuta ocupacional... Non vos parece estraño? A importancia da visión social da dependencia, está moi minguada, o único compoñente social que ten certa importancia é a soidade, pero non se avalía; se unha persoa foi transeúnte, se ten malas relacións con entorno, se ten algunha adicción…Ademais os traballadores sociais que traballan en dependencia, tan só se adican a revisar se o expediente ten a documentación necesaria ou a visar o que se propuxo no PIA, podendo por trabas nalgúns casos.
Así, que estamos ante unha lei que nos foi vendida como un avance social, pero que máis ben se move nun plano que ten que ver ca saúde física e psicolóxica… O importante é… podemos facer algo?

15/4/11

Reunión día 14/04/2011

Hola compañeiros e compañeiras.

Disculpade polo retraso, es que estos días ando con traballo de máis.

Resumo da reunión do 14/04/2011:

-> Benvida e información sobre a asociación os novas persoas interesadas. (Moitas grazas por vir) 

-> Visualizamos a reportaxe ¿Que é un traballador social? que rodamos a pé de rúa no mes de Marzo.

-> Concretamos o que precisamos para seguir a diante coa asociación. (Soamente precisamos que a xente que está interesada comece a formalizar a inscripción). Por que xa falamos coa persoa responsable da universidade de Vigo.

-> Proposta de realizar actos reivindicativos en contra de privatización dos servicios sociais e o paro xuvenil. (Creo que esto non beneficia a ninguén).

-> Proposta para participar na manifestación do 15 de Mayo en prol dunha mellora nas condicións de vida tanto laboral e social da xuventude . (Plataforma democracia Real ya( http://democraciarealya.es/). Convocada a nivel España.

-> Gustaríame saber cantas persoas estaríades interesadas en facer un curso de sexualidade e discapacidade, por que podería iniciar os trámites para intentar levalo acabo. (Eu o estou a facer e estame gustando moito e creo que a vos tamen os pode interesar.) 

-> Recordar que os contos (para a publicación do libro) deberían estar dispoñibles para a primeira reunión despois das vacacións.

E nada máis a semana que ven pechamos por vacacións, así que non habrá reunión, pero se alguén quere información ou ten algunha dúbida, por favor mandade un mail a Asociación e contestarei o máis brevemente posible.

Por favor, non é por metervos presa, pero canto antes teñamos socios, antes poderemos iniciar os trámites para dispor dun local.

Moitas grazas e felices vacacións.

Vémonos.

14/4/11

Pónse en marcha a "CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE PERSOAS ASOCIADAS"

Dende ¡APROTSÍMATE! Asociación de Profesionais do Traballo Social inauguramos a "Campaña de captación de persoas asociadas", coa intención de ser máis e contribuír todos co cometido da asociación.

A documentación que entendemos necesaria para asociarse á mesma é a seguinte:

1. Cumprimentar correctamente a ficha de inscrición -que se está a facilitar dende a propia asociación ou mesmo se pode solicitar enviando un email ao noso enderezo electrónico-.

2. Dúas fotos tamaño carné.

3. Fotocopia do DNI.

4. Certificado bancario de ingreso da couta anual de 12€. O número de conta da asociación no cal se debe proceder a efectuar o pagamento da taxa é o seguinte:

2080 0262 75 0040043165

É importante que figure no concepto do ingreso: couta da persoa socia + o nome da persoa interesada


¡AFILIÁDEVOS, XA SOMOS MOITAS AS PERSOAS QUE CONTRIBUÍMOS!