25/3/11

Na residencia

Na súa casa non había fiestras, pero dende que chegara ó seu novo fogar todo cambiara, agora podía ver o prado verde, os paxáros, recordar a súa nenez… Sempre pensou que estar con moita xente era bastante agobiante, que o ruido que metían e o calor que producía tantos individuos nun lugar pequeño era bastante incómodo. A verdade é que chegar a residencia cambiu a súa visión de todo, botoulle atrás todos os seus prexuizos; axudou a que creara novos retos e a que se dese conta que non todo o que botaba de menos era necesario na súa vida.
Non era preciso darlle de comer ós porcos todos os días, porque os chourizos que venden na carnicería están tan bos, como os que se fan na casa (por moito que a obriga cos demáis nos faga decir que non), sae máis barato vivir nunha residencia preto do centro de saúde, que ter que ir e vir dende a aldea pagando un taxi…
Pero, voltemos o de antes, todo o mundo ten fiestras na casa, pero nas pequenas casas do rural ás veces están tapiadas, polo tempo que se está dentro da casa sen ninguén con quen falar, polos meses que chove e a noite que cae coma unha lousa. Pero na residencia había balcóns e fiestras por todas as esquinas, non facía faia irse lonxe para poder contemplar o xardín e incluso para baixar a él a dar unha volta. Eso si que non había na aldea, xardíns tan churrusqueiros coma este, con todo tan arregladiño. Ademáis alí sempre había alguén disposto a falar ou a botar unhas partidiñas de brisca, a noite non caía coma unha lousa senon coma un manto agarimoso.
Non todo era bo, claro botabase de menos ós veciños, os animais, a familia que aínda quedaba por alí; aínda que se agradecía non ter que lavar a roupa nin que fregar os cacharros, no seu novo fogar todo eso corrría a cargo de outras persoas e eso producíalle bastante alivio. Ademáis, todo o mundo buscaba que estivese feliz, así que de ahí decidiu que non se ía ir nunca; aínda que os fillos quixeran que fose con eles. Aquel era o seu fogar.


Por certo…. A todos/as que pensen que a nosa protagonista é unha Muller que saíban que en ningunha parte do texto o dí; así que hai que tentar vencer ós prexuizos e non deixar que a sociedade non inflúa tanto.
 Un saúdo a tódos/as que están na residencia (que están comendo neste intre) por facerme ver que ás veces as cousas non son coma parecen.

Rochi

24/3/11

Reunión día 25/03/2011

Hola compañeiros e compañeiras.

Perdón por tardar, pero estaba en misión especial da asociación XD.
Imos o traballo,  escribo as conclusións da reunión do 24/03/2011.


Reunión:

-> En canto a semana pasada todos os presentes valoramos como moi positiva a experiencia da semana pasada. Aínda que somos conscientes de que existen cousas que se poden mellorar para ós próximos eventos.
O indicador no que nos basamos para xustificalo (neste intre) e a asistencia as actividades e a satisfacción das persoas que asistiron en xeral.
Nas xornadas de traballo social e muller asistiron arredor de 30 persoas, e o concerto do día do traballo social 321 persoas, o cal para existir dende tan so un mes parecenos números moi notables. (Ademáis todo organizado con un presuposto de 0€)

-> Cuantificamos os cartos gañados no concerto do día do traballo social , e seleccionamos en qué os íbamos a gastar.  (805€ en total do concerto)
    1. Compensación os grupos que participaron (50€ por grupo)
    2. Compesación dos gastos da asociación as persoas que adiantaron os cartos para as actividades. (50€ tasas e fotocopias).-facturas dispoñibles para consulta.-
    3. A asociación merca as máscaras que sobraron en compensación as persoas que adiantaron os cartos para a actividade do entroido xa que houbo xente que se apuntou e despois non apareceu. (90€ a Rocío e 30€ a Nora). En canto as persoas que nos quedan por pagar o fagan a asociación xa recupera eses cartos.
De todos os xeitos
     4. Compra dun ficheiro con chave para guardar os datos persoais dos socios (por determinar).
    
O restante será ingresado na conta da asociación, coa finalidade de poder seguir facendo actividades.

-> Seleccionamos novas propostas de intervención, das que mañá publicarei un pequeno resumo no blog da asociación, esperando que pouco a pouco a xente comece a animarse.
-> Marcamos como obxetivo prioritario conseguir un local que nos permita ter un espazo propio e nos permita tramitar o recoñecemento como entidade prestadora de servicios sociais ,  tentaremos esta semana xestionalo e empezar avanzar neste aspecto.

Críticas:
-> Polos horarios da reunión: Non me importa facer varios turnos, temos moita ilusión para que isto saia adiante, por que realmente creemos nesta idea, así que por favor propóñedenos novos horarios que vos veñan ben, e nós adaptámonos.
-> Por a compensación os grupos por tocar: Certo, foi fallo organizativo meu, desculpade,  para próximas edicións pensarei outro xeito. (Compensación de 50€ por grupo por participar no concerto.)


Novas:
-> Inscripción do ficheiro da axencia de protección de datos realizado, para a semana xa será posible facerse socio da asociación. (Recordamos que serán 12€/ ano).
-> Falei hoxe co encargado do xesteira, e quedaron abraidos con nós. ( Palabras textuais) E que contemos con eles para calquera cousa que fagamos. A verdade e que a eles tamen lle foi moi rentable.
-> Hoxe viñeron dúas persoas novas asociación. Agradecerlle a súa persenza a Noelia e a Almudena. E como non os que xa empezan a ser veteranos.
-> Os certificados de asistencia xa estarán dispoñibles a partir da semana que ven xa que ahora mesmo están a ser impresos e teñen que ser firmados pola decana da facultade de Vigo. (Gracias a Edi polo traballo que levou.)

E nada máis, aproveito para pedir perdón se dixen algo fóra de ton na reunión pero e que ahora mesmo ando a 1000 por hora...

Moitas Grazas.

16/3/11

Taller Intensivo MedyCo "Introdución á Meditación e ao Coaching"


TALLER INTENSIVO MEDYCO
"Introducción a la MEDITACIÓN y al COACHING"

La Asociación Comunicación Positiva presenta su TALLER INTENSIVO MEDYCO a través del cual persigue:
-Acompañarte para que descubras lo que tú quieres, la meta o el reto más importante de tu presente.
-Apoyarte en superar y trascender las barreras y limitaciones que te lo pudieran impedir.
-Realizar un plan de acción contigo para llevarlo a cabo, congruente con tu objetivo Para ello utilizaremos herramientas propias del Coaching, la Programación Neurolingüística (PNL), el Entrenamiento de la Atención, entre otras…

Fecha:  8 y 9 de Abril de 2011
Horario: Viernes (17h a 21h) y Sábado (10h a 14h y de 16h a 20:00)
Lugar: Orense (sala por determinar)
Inscripciones: por e-mail o telefónicamente
Precios: 100€ (120€ a partir del 31 de Marzo)
2 personas: 50% dto. en la 2ª inscripción
Estudiantes y desempleados: 2x1 Teléfonos: 600 018 527; 646 87 96 28;
Email: medyco@comunicacionpositiva.eu
¡Apúntate, hay PLAZAS LIMITADAS!




CONFERENCIA GRATUITA DE PRESENTACIÓN
25 DE MARZO DE 2011
DE 18.30 A 20.30
CENTRO CÍVICO A CUÑA


Te esperamos

 

Curso "A xustiza de menores. Legalidade fronte a realidade".

“A xustiza de menores. Legalidade fronte a realidade”

Esculca – Universidade de Vigo. Ourense, 2011

SESIÓN PRIMERA.- día 21 de Marzo de 2011
1ª PARTE.- 16.00 a 18.00 A xustiza de menores. Visión xeral. Educar vs. Castigar.
Ana Iglesias Galdo. Ciencias da Educación. A Coruña.

2ª PARTE.- 18.00 a 20.00 horas. Proxección documental “Menores y guardianes”
DOCUMENTOS TV RTVE . Coloquio.
Noelia do Rego

SESIÓN SEGUNDA.- día 22 de Marzo de 2011
1ª PARTE.-16.00 a 18.00 A lei penal do menor. Dereito comparado. A filosofía da lei penal do menor. As suas reformas.
José Angel Brandariz. Facultade de Dereito. A Coruña.

2ª PARTE.-18.00 a 20.00 horas. O proceso penal do menor. Visión práctica.
Óscar Freijedo Quintela. Avogado de oficio de menores.

SESIÓN TERCEIRA.- día 28 de Marzo de 2011
1ª PARTE.-16.00 a 18.00 A Lexislación en materia de protección de menores. A
declaración de desamparo. As medidas de protección. Especial atención ao acollemento residencial. Os centros privados.
Pilar Pazos Alzugaray.

2ª PARTE.-18.00 a 20.00 horas.- O informe do Defensor del Pueblo sobre centros de protección. Coloquio.
Rosa Lamas Casado- Manel

SESIÓN CUARTA.- día 29 de Marzo de 2011
1ª PARTE.-16.00 a 18.00. Os centros de menores de reforma. Réxime de cumprimento
das medidas. Especial referencia ao de réxime pechado. A privatización dos centros.
Félix Estévez García. Centro Trama, Ourense

2ª PARTE.-18.00 a 20.00 horas. As denuncias de maltrato e abusos nos centros de menores. Unha proposta de control externo dende Galiza.
Javi Baeza. Coordinadora de Barrios de Madrid. Parroquia de Entrevías. Elvira Souto.
Ciencias da Educación. A Coruña
“A xustiza de menores. Legalidade fronte a realidade”


ROLDA DE PRENSA INAUGURACIÓN ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TRABALLO SOCIAL




<< APROTSÍMATE >>

A Asociación de Profesionais do Traballo Social tivo hoxe a súa rolda de prensa de presentación na Facultade de Ciencias da Educación.

A fundamentación da asociación parte da elevada porcentaxe de desemprego en España e maiormente xuvenil (40%). Ademais, o cauce máis recurrente, como comentaba Adrián Nóvoa -presidente da Asociación- durante a súa inauguración, as oposicións atópanse nestes momentos conxeladas froito dunha masiva tendencia funcionarial nos últimos anos o que unido a un déficit de iniciativa empresarial e/ou asociativa, neste caso asociativa e sen ánimo de lucro, fai que sexa um momento propicio para unirnos como profesionais do Traballo Social.

Entroutros obxectivos están os de: xerar unha rede de apoio mutuo dentro da profesión e, á vez, sabedores dunha elevada porcentaxe de demanda de emprego faltan profesionais para cubrir as distintas áreas de actuación baseándose, actualmente a intervención (asistencialista) nestes momentos no binomio "necesidade-recurso", polo que, consideramos pertinente situar a énfase na prevención e comezando por un estudo das necesidades que poidan presentar os distintos barrios de Ourense, escoitando á cidadanía e logo tratando de cubrir esas necesidades e/ou encauzalas entre as distintas persoas profesionais asociadas, ou cando menos darlle unha derivación axeitada en función das propias opcións vitais da cidadanía. En definitiva, o que pretendemos é mellorar as condicións de vida da cidadanía, facendo visible a importancia da figura da persoa profesional no Traballo Social, que traballa para e coa poboación.

Agradecendo a colaboración de todas e todos,

Aproveitamos para enviar un saúdo a toda a comunidade docente que nos apoia e a toda a cidadanía ourensá,


Seguiremos comentando.


14/3/11

Xornada Traballo Social e Mulleres

XORNADA: “TRABALLO SOCIAL E MULLERES”


MÉRCORES 16 MARZO (Salón de Graos da Facultade de CC.EE.)

18:00h. INAUGURACIÓN
Antonio González Fernández, vicedecano de Traballo Social da Facultade de Ciencias da Educación
Adrián Nóvoa Rodríguez, Presidente da Asociación de Profesionais do Traballo Social

18:30h. CONFERENCIA: “UNHA FERRAMENTA MÁIS PARA A CONCILIACIÓN: OS BANCOS DO TEMPO”
Relator: Edesio Díaz González, traballador social

19:30h. PAUSA – CAFÉ

19:45h. CONFERENCIA: “AS MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN”
Relatora: Carla Mesa Martínez, traballadora social

Modera a primeira sesión: Rocío Fernández Díaz, traballadora social

XOVES 17 MARZO (Aula 0.3. da Facultade de CC.EE.)

18:00h. CONFERENCIA: “INTRODUCIÓN AO XÉNERO DENDE A PERSPECTIVA DO TRABALLO SOCIAL”
Relator: Adrián Nóvoa Rodríguez, traballador social

19:00h. PAUSA – CAFÉ

19:15h. CONFERENCIA: “¿IGUALDADE REAL?”
Relatora: Lucía Sotelo Gayo, traballadora social

Modera a segunda sesión: Edesio Díaz González, traballador social

20:30h. CLAUSURA DA XORNADA.

Inscrición: enviar un e-mail cos datos persoais ao enderezo electrónico xtsmulleres@gmail.com ata o día 14/03/11 ás 13:00h ou chamando por teléfono aos números: 647 090 510; 662 550 983

Ao rematar as xornadas entregarase un certificado de asistencia co visado do decanato da Facultade de CC.EE.

12/3/11

Día internacional das mulleres

O último día 8 de marzo foi o día internacional da muller, tendo en conta que foi o martes de entroido; as celebracións quedaron un pouco deslucidas... Pero, aínda que tarde, decidín publicar hoxe unha canción, que me recorda moito o que se foi avanzando nas desigualdades de xénero e o que queda aínda por mellorar. Espero que vos guste!!

Caperucita sólo tiene dieciséis
primaveras sin flores, papá le dice: "Ven.
Caperucita eres joven y tienes que aprender
a ocuparte de la casa, que serás una mujer.

Para que seas buena esposa
y no envejezcas sola,
en la cama y la cocina has de saber
alegrar a tu marido y cuidar a cada hijo,
que te atrapa tu destino,
que has de ser madre y esposa".
Y la pobre Caperucita llora.

"Quiero volar, lejos de aquí escapar.
Dime, mi bien, quién me llorará
si me dan alas y echo a volar.
Quiero dormir, no quiero despertar,
quiero ser la lluvia al otro lado del cristal,
quizás alguien me espere en la oscuridad".

Una fría tarde Caperucita iba
a casa de su abuela a llevarle comida,
cuando se encontró con un lobo feroz.
"Dime dónde vas niña, que te acompaño yo".

La muchacha se supo perdida.
Gritaba Caperucita
mientras la devoraba el lobo.
Bajo la falda del vestido
estallaron los dormidos
sueños que en la noche
la mantenían viva. Pobre Caperucita.

"Quiero volar, lejos de aquí escapar.
Dime, mi bien, quién me llorará
si me dan alas y echo a volar.
Quiero dormir, no quiero despertar,
quiero ser la lluvia al otro lado del cristal,
quizás alguien me espere en la oscuridad".

Una gris mañana Caperucita se casó,
vestida de blanco, bella como una flor.
Su marido, muy elegante, otro lobo feroz,
y su padre orgulloso lloraba de emoción.

Ahora cada noche el lobo la devora,
clava sus dientes, y llora
Caperucita mientras espera a que un aullido
le diga que el dormido animal despertó.
Después descansa tranquilo el malvado lobo feroz.

La cara de Caperucita alumbra una sonrisa
mientras mece una cuna. En ella está una niña,
quizás futura oveja para un lobo feroz,
a no ser que afortunada la rescate tu amor.

Caperucita la arrulla contra el pecho
y un murmullo lento y lleno
de esperanza y vida,
canta Caperucita.

"Quiero volar, lejos de aquí escapar.
Dime, mi bien, quién me llorará
si me dan alas y echo a volar.
Quiero dormir, no quiero despertar,
quiero ser la lluvia al otro lado del cristal,
quizás alguien me espere en la oscuridad.

Quiero volar". 

Rochi