16/3/11

ROLDA DE PRENSA INAUGURACIÓN ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TRABALLO SOCIAL




<< APROTSÍMATE >>

A Asociación de Profesionais do Traballo Social tivo hoxe a súa rolda de prensa de presentación na Facultade de Ciencias da Educación.

A fundamentación da asociación parte da elevada porcentaxe de desemprego en España e maiormente xuvenil (40%). Ademais, o cauce máis recurrente, como comentaba Adrián Nóvoa -presidente da Asociación- durante a súa inauguración, as oposicións atópanse nestes momentos conxeladas froito dunha masiva tendencia funcionarial nos últimos anos o que unido a un déficit de iniciativa empresarial e/ou asociativa, neste caso asociativa e sen ánimo de lucro, fai que sexa um momento propicio para unirnos como profesionais do Traballo Social.

Entroutros obxectivos están os de: xerar unha rede de apoio mutuo dentro da profesión e, á vez, sabedores dunha elevada porcentaxe de demanda de emprego faltan profesionais para cubrir as distintas áreas de actuación baseándose, actualmente a intervención (asistencialista) nestes momentos no binomio "necesidade-recurso", polo que, consideramos pertinente situar a énfase na prevención e comezando por un estudo das necesidades que poidan presentar os distintos barrios de Ourense, escoitando á cidadanía e logo tratando de cubrir esas necesidades e/ou encauzalas entre as distintas persoas profesionais asociadas, ou cando menos darlle unha derivación axeitada en función das propias opcións vitais da cidadanía. En definitiva, o que pretendemos é mellorar as condicións de vida da cidadanía, facendo visible a importancia da figura da persoa profesional no Traballo Social, que traballa para e coa poboación.

Agradecendo a colaboración de todas e todos,

Aproveitamos para enviar un saúdo a toda a comunidade docente que nos apoia e a toda a cidadanía ourensá,


Seguiremos comentando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario