25/3/11

Na residencia

Na súa casa non había fiestras, pero dende que chegara ó seu novo fogar todo cambiara, agora podía ver o prado verde, os paxáros, recordar a súa nenez… Sempre pensou que estar con moita xente era bastante agobiante, que o ruido que metían e o calor que producía tantos individuos nun lugar pequeño era bastante incómodo. A verdade é que chegar a residencia cambiu a súa visión de todo, botoulle atrás todos os seus prexuizos; axudou a que creara novos retos e a que se dese conta que non todo o que botaba de menos era necesario na súa vida.
Non era preciso darlle de comer ós porcos todos os días, porque os chourizos que venden na carnicería están tan bos, como os que se fan na casa (por moito que a obriga cos demáis nos faga decir que non), sae máis barato vivir nunha residencia preto do centro de saúde, que ter que ir e vir dende a aldea pagando un taxi…
Pero, voltemos o de antes, todo o mundo ten fiestras na casa, pero nas pequenas casas do rural ás veces están tapiadas, polo tempo que se está dentro da casa sen ninguén con quen falar, polos meses que chove e a noite que cae coma unha lousa. Pero na residencia había balcóns e fiestras por todas as esquinas, non facía faia irse lonxe para poder contemplar o xardín e incluso para baixar a él a dar unha volta. Eso si que non había na aldea, xardíns tan churrusqueiros coma este, con todo tan arregladiño. Ademáis alí sempre había alguén disposto a falar ou a botar unhas partidiñas de brisca, a noite non caía coma unha lousa senon coma un manto agarimoso.
Non todo era bo, claro botabase de menos ós veciños, os animais, a familia que aínda quedaba por alí; aínda que se agradecía non ter que lavar a roupa nin que fregar os cacharros, no seu novo fogar todo eso corrría a cargo de outras persoas e eso producíalle bastante alivio. Ademáis, todo o mundo buscaba que estivese feliz, así que de ahí decidiu que non se ía ir nunca; aínda que os fillos quixeran que fose con eles. Aquel era o seu fogar.


Por certo…. A todos/as que pensen que a nosa protagonista é unha Muller que saíban que en ningunha parte do texto o dí; así que hai que tentar vencer ós prexuizos e non deixar que a sociedade non inflúa tanto.
 Un saúdo a tódos/as que están na residencia (que están comendo neste intre) por facerme ver que ás veces as cousas non son coma parecen.

Rochi

No hay comentarios:

Publicar un comentario