Hola compañeiros e compañeiras.
Perdón por tardar, pero estaba en misión especial da asociación XD.
Imos o traballo, escribo as conclusións da reunión do 24/03/2011.
Reunión:
-> En canto a semana pasada todos os presentes valoramos como moi positiva a experiencia da semana pasada. Aínda que somos conscientes de que existen cousas que se poden mellorar para ós próximos eventos.
O indicador no que nos basamos para xustificalo (neste intre) e a asistencia as actividades e a satisfacción das persoas que asistiron en xeral.
Nas xornadas de traballo social e muller asistiron arredor de 30 persoas, e o concerto do día do traballo social 321 persoas, o cal para existir dende tan so un mes parecenos números moi notables. (Ademáis todo organizado con un presuposto de 0€)
-> Cuantificamos os cartos gañados no concerto do día do traballo social , e seleccionamos en qué os íbamos a gastar. (805€ en total do concerto)
1. Compensación os grupos que participaron (50€ por grupo)
2. Compesación dos gastos da asociación as persoas que adiantaron os cartos para as actividades. (50€ tasas e fotocopias).-facturas dispoñibles para consulta.-
3. A asociación merca as máscaras que sobraron en compensación as persoas que adiantaron os cartos para a actividade do entroido xa que houbo xente que se apuntou e despois non apareceu. (90€ a Rocío e 30€ a Nora). En canto as persoas que nos quedan por pagar o fagan a asociación xa recupera eses cartos.
De todos os xeitos
4. Compra dun ficheiro con chave para guardar os datos persoais dos socios (por determinar).
O restante será ingresado na conta da asociación, coa finalidade de poder seguir facendo actividades.
-> Seleccionamos novas propostas de intervención, das que mañá publicarei un pequeno resumo no blog da asociación, esperando que pouco a pouco a xente comece a animarse.
-> Marcamos como obxetivo prioritario conseguir un local que nos permita ter un espazo propio e nos permita tramitar o recoñecemento como entidade prestadora de servicios sociais , tentaremos esta semana xestionalo e empezar avanzar neste aspecto.
Críticas:
-> Polos horarios da reunión: Non me importa facer varios turnos, temos moita ilusión para que isto saia adiante, por que realmente creemos nesta idea, así que por favor propóñedenos novos horarios que vos veñan ben, e nós adaptámonos.
-> Por a compensación os grupos por tocar: Certo, foi fallo organizativo meu, desculpade, para próximas edicións pensarei outro xeito. (Compensación de 50€ por grupo por participar no concerto.)
Novas:
-> Inscripción do ficheiro da axencia de protección de datos realizado, para a semana xa será posible facerse socio da asociación. (Recordamos que serán 12€/ ano).
-> Falei hoxe co encargado do xesteira, e quedaron abraidos con nós. ( Palabras textuais) E que contemos con eles para calquera cousa que fagamos. A verdade e que a eles tamen lle foi moi rentable.
-> Hoxe viñeron dúas persoas novas asociación. Agradecerlle a súa persenza a Noelia e a Almudena. E como non os que xa empezan a ser veteranos.
-> Os certificados de asistencia xa estarán dispoñibles a partir da semana que ven xa que ahora mesmo están a ser impresos e teñen que ser firmados pola decana da facultade de Vigo. (Gracias a Edi polo traballo que levou.)
E nada máis, aproveito para pedir perdón se dixen algo fóra de ton na reunión pero e que ahora mesmo ando a 1000 por hora...
Moitas Grazas.