ENCONTRO-REUNIÓN ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TRABALLO SOCIAL
Lugar de encontro: Facultade de CC.EE.
Día: 24/02/11
Hora: 16:00h
Ola a todos e a todas,Dende a directiva da asociación poñémonos en contacto con vós unha semana máis para anunciarvos unha nova reunión este vindeiro xoves día 24 de febreiro para continuar coa dinámica de posta en marcha da Asociación e outros temas de interese.
Orde do día:
- Contactos coa universidade para adquirir un local para nos xuntar e tamén para o desenvolvemento das xornadas.
- Comparsa de entroido o domingo 6 de marzo de "V-Vendetta"
- Inauguración inminente da Asociación ante os medios de comunicación.
- "Traballo Social e Muller". Xornada inaugural da posta en marcha da Asociación coa posibilidade de teren lugar diferentes actos:
"A muller e inmigración".
"A Super Muller".
"Os Bancos do Tempo, unha ferramenta máis para a conciliación".
"A muller nos medios de comunicación".
Documental "¿Que é o Traballo Social?", visionado deste documental que aborda a nosa profesión dende moi distintas ópticas.
(Datas: do 15 ao 17 de marzo)
- Concerto Conmemorativo do "Día Mundial do Traballo Social".
Data: 18/03/11
23:00h
Lugar de encontro: Café-Teatro XESTEIRA
Dúbidas, inquedanzas, suxerencias, deconstrucións, etc.
XOVES 24, 16:00h Aula 4.3
Saúdos cordiais,

No hay comentarios:
Publicar un comentario