25/8/11

Tempos problemáticos


Estamos en tempos problemáticos…
Estamos no medio dunha mal chamada crise (estafa programada) na que nos están a vender que o sistema capitalista se está destruíndo, que ten que cambiar…
Sen embargo, nos recunchos da miña cidade podo ver os sorrisos doutras veces, podo ver as mesmas bágoas e as pequenas alegrías e tristezas do cotián…
Non creo nesta crise; está claro que o que non ten traballo está mal, que a xente que se quedou sen fogar ou sen axudas económicas está afundida. Pero mirando cos ollos da realidade e ca necesidade de avanzar como principal eixo esto xa pasou xa está aí; tocamos fondo…
Pero estamos vivos, non somos heroes e moitos nin sequera queremos selo; pero de verdade nos sentimos derrotados/as?
 A prensa e a clase política está contaxiando a xente da rúa dunha tristeza sen sentido, dun determinismo catastrófista. Coaccionando a todos/as con cifras que non entendemos e con acordos políticos que se fan polo “noso ben”.
Pero recordade:
Se queredes chorar… chorade.
Se queredes berrar… berrade.
Se queredes rir…ride.
Se queren gobernar sobre algo que non sexa sobre os nosos sentimentos e actitudes, poden convencer a prensa ou ás institucións… pero non a NÓS; cada ún somos unha célula diferente de este mundo; insignificantes, pequenos e LIBRES.
Non deixes de pensar no que realmente es e non que realmente sentes todos os días. Garda uns segundos para mirar no teu interior e distinguir se ti estás en crise.

No hay comentarios:

Publicar un comentario